Monday, May 07, 2007

sto lat! /happy birthday/ feliz cumpreanos

bueno, hoxe é o diía do meu cumple, pero en vez de recibir regalos vouvos regalar eu unhas fermosas imaxes (fermosas son nas q non saio eu, claro) de budapest. manhá porei algo de viena.


para empezar unha igrexa excavada no monte, que está ben, si, pero despois de ver covadonga... por dentro non é gran cousa, o bonito é esto que construiron fora, na ribeira do danubio e aos pes da ciudadela, que está no curuto dese monteesta é a vista que hai dende o curuto do monte onde estaba esa igrexa. bonito, eh? ao fondo o parlamento húngaro, unha auténtica marabilla
esta é a catedral de budapest, na parte de buda (lembrovos que budapest é a union de dúas cidades(en realidade 3): buda e pest). a parte máis impresionante é a de buda, que é onde está o castelo e a correspondente fortaleza que o defendía asi como a catedral e unha morea de edificios ben bonitos.
unha águia lembrando o esplendor pasado do imperio austrohúngaro
este sitio, aparte de bonito era moi relaxante... en budapest son moi famosas as termas. nos entramos en estas ao azar, e resulta que son as que aparecen en tódalas guías para turistas e tal. un luxo banharse nese sitio a 37 graos mentres chovia. gustoume moito. hai que ver, nunca fun ás de ourense e recorrín media europa pa meterme en algo que tenho ao lado da casa, jeje.
aqui estamos os compañeiros de viaxe na fortaleza. ao da esquerda xa o conhecedes...o resto son robin(francia); marta e javi(andaluces);phillip e niko(vieneses). por certo, o phillip é cagado ao felipe de borbon. falta elisa, tamén andaluza, que é a que tirou a foto
aínda que xa vos dixen que en conxunto era máis impresionante buda, para min o edificio máis fermoso é o parlamento, que se atopa en pest (na parte traseira do parlamento hai unha plaza rodeada por edificios espléndidos todos
outra igrexa moi bonita no lado de buda
unha ponte sobre o danubio no que podedes apreciar que o río este non é pequeno precisamente.ao seu paso por budapest ten unha anchura de 900 metrinhos de nada, como para cruzalo andando...
e este son eu facendo o parvo na ciudadela, pero en canto vin o canón tiven claro cal ía ser a foto que ía sacar alí, jejeje

bueno, esto é todo por hoxe, manhá procederei coa visita a viena.
pd:non te preocupes vir, que vou por orde pero tamén porei fotos testemunhando que chantada estivo en kraków!! bicos

1 Comments:

Blogger Vir said...

Vale,vale,a María e eu xa tiñamos principio de cabreo,ja,ja,ja.Moi chula Budapest.Un bikaso

6:15 AM  

Post a Comment

<< Home