día de resaca despois da celebración onte do cumpreanos. moitos chupitos de esos tan guays que gore remexía antes de beber. paseino ben celebrando cos maiores balas perdidas, que xa hai que selo para sair os luns....
sin máis, vou a poñervos as fotos prometidas onte da viaxe a viena. para empezaro pazo de sissi. a fulana vivía neste sitio mentres a corte estaba en outro sitio (hofburg, que é o poster que teño na habitación) porque pasaba de facer vida protocolaria nin "traballar" de emperatriz. o sitio é unha pasada, ten un xardín inmenso e no verán é moi moi bonito. foi unha pena que cando nos fomos aínda estaban a medrar as flores.

ahi está de novo o mesmo edificio pero visto dende máis lonxe, como podedes ver é inmenso. e esto que se ve é aproximadamente un cuarto do recinto. aparte dos xardíns ten un bosque, algúns lagos, un zoo, etc. un bo sitio para vivir, jeje

esto é un museo de viena, máis ben era un conxunto de museos. moi grande tamén.

despois de ter metido a foto do museo polo medio voltamos ao pazo de sissi. ahi estou eu, coas minhas pernas tan arqueadas que me cabería un cabalo e con javi de córdoba

esto é onde ían a tomar o té e tal. desde esta parte está sacada a segunda foto. segue a ser, por tanto, o pazo de sissi

e esta é a entrada á residencia imperial (hofburg) no centro da cidade, onde estaba a corte e vivía o emperador a meirande parte do tempo. realmente impresionante

un dos edificios que compoñen hofburg

esto segue a ser hofburg

e esto tamén

unha igrexa. gustábame moito o picoucho ese tan puntiagudo

esta é a fachada principal da catedral de viena. impresionante tamén, como todo en esta cidade. a foto non é moi boa, en vivo é moito máis espectacular

este é un lateral da catedral. a torre é altiiiiiiiiiisima, é unha pena que a estivesen remodelando. según nos dixo o noso colega vienés levavan coa obra uns 5 anos, jaja. polo que se ve en viena tamén hai palanquíns currando nas obras e mentres un traballa 2 toman o bacata e 3 a cervexa

esté é o partenón.....digo......o parlamento austríaco. non está mal, pero non é o que máis me gustou. non perdades detalle dos contrachapados de ouro que lle poñen á pedra, jaja. ás veces os emperadores eran un pouco horteras cando encargaban a decoración...

un monumento (eu non, o de pedra ;) )tamén con contrachapado. era ben alto. non tenho nin idea de que conmemoraba, pero estaba ben. por certo, esta é arúa na q está o zara

un auditoriom para teatro e música. tamén me gustou moito. parece o da coru....jaja, é coña!

e para rematar, xusto en fronte do auditorio está o rathaus (casa do concello). o rapaz de viena dicíanos que na súa opinión este era o edificio máis bonito da cidade. é posible, pero eu vin tantos que me gustaron que non sabería con cal quedarme

ale, por hoxe é maís que suficiente, a ver si manhá ou pasado publico algo máis. bicos