Monday, February 12, 2007

coidado onde durmides

bueno, xa qedou máis, estou a falta de unha soa asignatura para rematar a carreira, parece incríbel. e o mellor é q sacando boas notas, como se esera de un erasmus. todo sobres menos un notabel, aínda q non pasa nada porqe esa asignatura vouna cambiar e facer outra no segundo cuadrimestre na q espero sacar sobresaliente e listo.
a noite despois dos exames fun de festa, a verdade é q foi unha máis, non hai nada q destacar excepto esto.....hai q ter moito coidado cos sitios onde qedas a durmir, tes q confiar na xente ou pódenche "pintar a cara" literalmente. espero q alomenos o pasaran ben mentres me pintaban, porqe como non me enterei de nada, deume bastante igual.
hoxe empeza a semana de integración para os q venhen de erasmus este semestre, asi q iremos a unha festa de karaoke q organiza a uni... pero non é a festa q máis me interesa....o mercores facems de novo eurodinner, cea con comida de tódolos países, mmmmmmmm
o finde q ven imos ás montanhas, terei a minha primeira experiencia co snowboard, espero q vaia ben...xa vos contarei

Wednesday, February 07, 2007

chorradas pa matar o tempo

bueno, mentres sigo facendo os meus exames e as minhas presentacións vou deixar un artigo chorras sobre certas cousas curiosas, q xa hai tempo q non ponho cousas destas e só ponho neve e festas...

para empezar as bolsas do carrefour. pensaredes: q chorrada!!, non? pero fixadevos ben porqe é bastante curioso, alguén atopa o logo de carrefour??? pois non, aqui as bolsas da compra non soen ter escrito o nome da tenda, a verdade é q non sei por q, pero nin carrefour nin a tenda da esquina, as bolsas son iguais en tódolos establecementos: brancas e finas como papel de fumarpara seguir coas chorradas estas...pois o platano frito. non sei si o haberá por ahí, a verdade é q eu nunca o vin en galicia. si nunca o probastes, q sepades q está boísimo!!! soncomo as patatillas de toda a vida pero en vez de pataca prátano. moi recomendábel
outra cousa de aqui q me gusta pero q non probara ata chegar a este país. o sirope de frambuesa, q se pode tomar con todo. eu tomoo coa birra e cos iogures especialmente.mmmmm. moi doce, moi saboroso
para rematar......TATA TACHÁN TACHÁN!!! a foto q atestigua a existencia das lays de necora, jajja, e ben boas q estaban. agora forma parte da decoración da habitación de Brais. lástima q eu esqecera traerme un envase vacío de estos, porqe tamén o tería pegado na minha parede. espero q algún día se animen e comercialicen este sabor pola nosa terra en vez das mamonadas de sempre de qeixo e xamon

bueno, para rematar, por si alguén está interesado, direivos q estou a falta de exponher un traballo para rematar o meu período de exames (vou ser o último en rematar). por agora todo ben, incluso onte sacamos un 5.5 nun traballo, cando a nota máxima é un 5...saímonos do mapa!!! o caso é q nos deron esa nota porqe aínda hai q facer media co exame q fixen hoxe. o dito, despois do de manhá espero estar a só 1 asignatura para ser licenciado por fin coa especialidade de dirección. xa ía sendo hora...

pd: para celebralo mañá irei de festa e o finde ireime ás montanhas a ver si aprendo a esqiar un pouco...xa vos contarei. bicos

Sunday, February 04, 2007

cumpreanos do pater

bueno, resulta q hai unha semana(aínda q vos ponha agora as fotos) foi o cumpreanos de Juan de córdoba, q é o "pai " de tódolos erasmus. o fulano en cuestión cumpría 28 anos e regalámolle un extintor (idea minha :)). preguntaredesvos o por q, porqe a priori é un regalo extrano. pois resulta q na primeira semana, nos levaron a un campament (xa escribin sobre eso, se qeredes recordalo ide aos posts de setembro) e o fulano, mamado perdido colleu un extintor e vaciouno. un escandalo, vamos.
o regalo foi guay, sorprendeuno ,moito e fíxolle gracia a todo dios. aqui tendes ao pater (o do cumpreanos, porqe aqui ninguén lle chama juan) dandolle un biqinho ao seu novo cativo. tamén podedes ver a bandeira q adorna o seu salón, q se lle vai facer, son españois...

pedro(portugal) con robin (francia) e pablo q sae na seguinte foto. o da esquina inferior é dani, de holanda, grande como un día sin pan
este é pablo (madrid) tamén posando co extintor, a verdade é q deu moito xogo, e o día q usemos....haberá video colgado no youtube, jejeje
javi de córdoba (vermello) e Erhéctor, a punta de lanza do ataqe español, válelle todo.
este é emilio (valencia) aninhando ao extintor
o pater , despois de bicar ao extintor deulle por bicar a carlos.
este é o rufi intimando con joanna pauk. esta é a coordinadora dos programas de intercambio da uni, moi xoven e moi boa xente. ademáis é un bo exemplo de eso q se chama a erótica do poder, porqe non é moi guapa, pero eso de q sexa a coordinadora esperta moito morbo entre o estudantado estranxeiro, cando vai de festa ten q apartar aos erasmus a moreas,je

este é stefan, holandés, coa moza polaca q se botou. chámalle burro ao carneiro....
estas son sara (portuguesa) e delphine (francesa).
por último eu barbudo, aínda q ao q vedes ahí hai q sumarlle 2 semanas e media de crecemento...