día de neve, día de felicidade
bueno xente, que día tan marabilloso o de hoxe, non vos parece? despois de tanto tempo esperando...hoxe voltou nevar!!!e faime a mesma ilusión q a primeira vez, non vos creades!!!a eso da s 3 da tarde empezou a caer neve miuda.eu pensei q ía ser asi ata q caera a noite, cando comezaría unha nevada"de verdade", pero non, a nevarada volveuse intensa en cousa de 5 minutos. aqui tedes unha foto dende a minha fiestra na q podedes apreciar o comezo da nevarada.
montei no tranvia pa ir á clase q tinha ás 15,40 e cando baixei a rua estaba tal q asi.só media hora despois a neve xa cuajara nas beiraruas!!!
esta é a entrada traseira á minha facultade. podedes apreciar q a pesar das moreas de pegadas q normalmente impiden q a neve cuaje, non había quen se interpuxera coas ganas desta nevada por cubrir Kraków de branco
este son eu ao sair de clase. perdoade q non sonría moito, pero é difícil ponher boa cara cando che ven toda esa neve de frente :)
mirando atrás:estas son as minhas pegadas nunha beirarúa pola que non pasara ninguén. eu vin que a neve ali estaba virxe....e venha!!! a pisar!!!
e para rematar....unha foto sorpresa. este é justy, o meu novo compañeiro de piso. é o can de eliza. ata agora estaba coa sua nai no seu pobo, pero como ela marcha a alemanha...pois qedamos con él porqe non pode qedar na casa do irmao de eliza porqe o gato non o pode ver diante, jajaja. pobre cadelo, co bo q é.ademáis de bo é vello, só dicirvos q o pobre animal esta casi cego e moi xordo, jeje.de momento aínda lle qeda o olfato e espero que o gusto e o tacto, pero o meu conhecemento non chega ata ese extremo. moitos bicos

1 Comments:
Aquí tamén está nevando!!!Xa verás qué cariño lle vas coller o canciño,sonche do mellor que hai
Post a Comment
<< Home