Wednesday, January 31, 2007

Queredes máis neve??? Eu si!!!!!

bueno, vamos a seguir coa neve, aínda q a vir diga q o da neve xa qeda atrasado. pois non vir, o da neve aquí está á orde do día. aínda qeda moita na rúa a pesar d q onte e hoxe choveu, co q desapareceu bastante, pero pa manhá volven a dar baixada de temperaturas e para o finde espérannos novos trebóns de neve. así q ídevos preparando, q aínda vos qedan moitas fotos de ne ve q mirar
esta primeira saqeina dende o sétim o piso do edificio de finanzas da minha uni. é unha vista fermosa, va q si?o edificio de finanzas dende o q saco a foto xa o colguei no blog, asi q é bo momento para botar unha ollada ós post anteriores para lembrar as cousas das q vos falo ;)
esta é a decoración de nadal, q non está mal pero q xa cansa porqe a día de hoxe sigue colgada polas rúas, esto é como cangas, q se colgan estas trangalladas no nadal e as quitan na semana santa, jaja
esta é a igrexa de santa maría, outra vez, pero esta vez cun mantinho de neve q lle da un aqel ben interesante
esta é a estatua dun poeta local (makievitz, creo q se escribe asi) q está na praza maior. debe estar pasando bo frio o pobre....
a este xa o conhecedes, creo ;) mira vir!!!!!non saco a túa bufanda de enriba!!!!gracias outra vez. gústanvos as minhas orelleiras(nauszniki)?
esto é un parqe q rodea todo o centro. mola moit, e nevado máis. o parqe este está onde antigamente estaba a muralla e o correspondente foxo.
este descabezado é eros. está na praza maior, pa variar, ao lado da antiga torre da casa do concello. a cachola está oca, polo q é unha foto típica a da xente metida dentro e asomando polos ollos. non hai turista q venha e non se saqe unha foto co "cabesón"

esta é a minha rúa.non vos podedes imaxinar a gracia q lle fai a esta xente ter q levantarse pola manhá media hora antes para quitar esa capa de neve de enriba do coche...u n traballo caralludo pa primeira hora da manhá....
con esto seguro q se pode matar a alguén. xuraría q xa o vin nalgunha peli...
bueno, as proximas fotos serán de festa, a ver si as colgo axinha. un bicazo

Wednesday, January 24, 2007

q non pare!

ale, hoxe pónhovos unhas fotos da nevada, que continúa. dan nevadas ata o luns :) vou ter q mercar uns crampóns,jejeje. esta é a altura q alcanzou a neve tras un dia nevandoo meu pe metido na neve, q frio carallo!
hai q ver como cambian as paixases coa neve...
o tranvía
un carámbano colgado do canalón.
un abeto sufrindo cargado de neve visto dende a miha fiestra. agora voume a clase.cuidarseme!

Tuesday, January 23, 2007

día de neve, día de felicidade

bueno xente, que día tan marabilloso o de hoxe, non vos parece? despois de tanto tempo esperando...hoxe voltou nevar!!!e faime a mesma ilusión q a primeira vez, non vos creades!!!a eso da s 3 da tarde empezou a caer neve miuda.eu pensei q ía ser asi ata q caera a noite, cando comezaría unha nevada"de verdade", pero non, a nevarada volveuse intensa en cousa de 5 minutos. aqui tedes unha foto dende a minha fiestra na q podedes apreciar o comezo da nevarada.montei no tranvia pa ir á clase q tinha ás 15,40 e cando baixei a rua estaba tal q asi.só media hora despois a neve xa cuajara nas beiraruas!!!
esta é a entrada traseira á minha facultade. podedes apreciar q a pesar das moreas de pegadas q normalmente impiden q a neve cuaje, non había quen se interpuxera coas ganas desta nevada por cubrir Kraków de branco
este son eu ao sair de clase. perdoade q non sonría moito, pero é difícil ponher boa cara cando che ven toda esa neve de frente :)
mirando atrás:estas son as minhas pegadas nunha beirarúa pola que non pasara ninguén. eu vin que a neve ali estaba virxe....e venha!!! a pisar!!!
e para rematar....unha foto sorpresa. este é justy, o meu novo compañeiro de piso. é o can de eliza. ata agora estaba coa sua nai no seu pobo, pero como ela marcha a alemanha...pois qedamos con él porqe non pode qedar na casa do irmao de eliza porqe o gato non o pode ver diante, jajaja. pobre cadelo, co bo q é.ademáis de bo é vello, só dicirvos q o pobre animal esta casi cego e moi xordo, jeje.de momento aínda lle qeda o olfato e espero que o gusto e o tacto, pero o meu conhecemento non chega ata ese extremo. moitos bicos

Saturday, January 20, 2007

un día insulso

hoxe póñovos unhas unhas fermosas postais cracovianas. este primeiro é un teatro que hai cerca do centro. nunca me lembro de cómo se chamaesta é unha igrexa que hai xusto en fronte da uni, de feito a tapia e o cacho de edificio que se ve á dereita é do meu campus.
este é un edificio que está tamen ao lado da uni. a min gústame
en canto a min...pois aqui sigo, pero agora bastante metido na casa porque hai que preparar exames e traballos. asi q nada, aqui seguirei currando un rato xa que escribo esto nun descanso e escoitando un pouco a battiato. venha, darlle duro

PD: animo vir, que o peor xa pasou, vas ter sorte

Thursday, January 18, 2007

mohammed's birthday

bueno, vamos a contar un pouco como foia festa do outro día na q lles levei canha tostada para facer un pouco de patria, jeje.


estes son antonio, robin (co seu pésimo corte de pelo,jeje) e mo. o mo este é sueco e é un krack, o caso é q a festa era polo seu cumple. a foto non é moi boa porqe tirámola varios á vez e xuntáronse máis de un flash...que se lle vai facer... con tanta luz non se aprecia, pero o mo é negro, é musulmán, pero bebe como se tivera sede, jejeeste é hector, de santander, aínda q pareza un cromañon de atapuerca....jajja
este é javi de sevilla. sempre vai vestido como un pincel. resulta q a este gustoulle moito a canha e acabou a noite xogando no bingo, montándoa e potando ata q o botaron.moi ben, era o q buscaba co alcohol galego, q houbera baixas....
esta é elisa, andaluza metendolle un trago á augardente. dixo q non lle gustaba, pero tripitiu...a ver si a proxima vez volve a probar e vai cambiando de opinion.aínda me qeda unha botella de licor café do duro e media de canha tostada, porqe só lles levei media, q hai pouco e hai q rexelo, pero foi suficiente para q houbesen 4 baixas, jejje
esta é marta. con esta non houbo problema, probou, gustoulle e repetiu. ao fondo sale rufián, q si ve unha camara cerca cámbialle a cara e ponse en "modo foto"
mimo e rodrigo. a estas alturas xa ían cocidos. o mimo non probou a canha,pero non foi impedimento para q a montara incriblemente, xa veredes.
rodrigo e pablo. os dous madrilenhos e boa xente. a cara do pablo di moitas cousas pero ningunha boa, jeje.estaba a ser vitima da canha tostada, máis adiante veredes como acabou....
para testimoniar q eu tamen estiven na festa...eu tratando de posar ou algo, q sempre saio moi soso...esto xa é fora da casa. a estas alturas as 20 persoas da festa debían estar partidas en 8 grupos diferentes, algún deles unipersoal, como o javi de sevilla q vistes arriba, q a estas horas xa estaba en solitario dando espectáculo por ahi...non vos creades q era moi tarde, non, esto debe ser a eso da 1...
aqui está pablito, durmindo como un bebe case sen poder articular palabra...o único coherente q daba dito era: a min mirádesme mal, pero o q realmente vai mal é javi, q hai un rato grande q o perdin, eu estou como dios aqui durmindo.
mimo dando espectáculo na tarima do kitch. éste é un garito moi guay e moy gay. é unha casa vella, coa división en habitacións e todo. moita música hortera e moita penha. a ultimas horas é un garito gay, pero ao principio da noite está petado
esta foto así engana, o bonito é saber a historia q hai detrás...aqui vedes a espalda de mimo, pero en realidade, o seu corpo tapa á fulana coa q "baila"(frota). o caso é q o hector (na camiseta pon: too much man for 1 woman. un fenómeno) metía a man por entre as pernas de mimo non para tocar a este, senón para tocarlle á fulana a entreperna con toda a cara do mundo. a q parece incríbel? o caso é q o fixo varias veces...e non creades q á fulana lle desagradaba moito....en fin, a outro tema.
a de raias é a fulana do acontecemento de antes. e o fulano da tarima é o mimo(q a estas alturas xa o debedes conhecer)q lle encanta baixarse os pantalóns na discoteca. se o grao de alkohol é superlativo baixa ata o calzón. ata agora só o fixo unha vez, pero qeda moito ano e moitas festas por diante. a proxima vez estarei alí para fotografarlle as cirolas.jajaa
o culmen dos despropósitos é cando estes dous energúmenos simularon foder...creo q decidín ben cando a festa se espallou en grupos, no meu grupo non faltou espectáculo e bonitos motivos para fotografar.

bueno, por esta vez foi abondo. bicos

Sunday, January 14, 2007

I am in Krakow again


bueno, xa estou en krakow de volta, a verdade é q xa levo aqi unha semana, pero estou un pouco vago e non tinha ganas de escribir. o outro dia fun de festa e deilles a probar canha tostada caseira, pa facer un pouco de patria. tivo éxito. xa vos porei as fotos. de moment, como non estou moi inspirado hoxe vouvos deixovos esta foto minha,q ao fin e ao cabo o blog vai sobre min e son o q menos sae nas fotos!!!! con esa chuvia e como non se ve nada podería ser perfectamente unha foto tirada en santiago, non vos parece??? bicos

pd: ANIMO VIR!!!!!!