Friday, December 08, 2006

un pouco do barrio xudeo

o barrio de kazimierz é o barrio xudeo de kraków e é xunto co de praga o único que se mantén completo despóis do paso dos nazis. este nom foi destruido porque os nazis se estableceron nesta cidade e pasaron de rompela. a pesar de q os nazis nom destruiron o barrio, despois da segunda guerra a maioría dos xudeos(os que nom morreron en auschwitz, claro) marcharon de aquí e non dan un puto duro para a reconstrucción das q foran as súas casas, e como son propiedades privadas o governo nom pode meter man para restaurar as cousas, polo q despois de estes 60 anos de casi abandono o barrio está realmente escascarillado, pero eso é precisamente o q lle da encanto
este é un edificio de kazimierz, unha boa mostra de edificio escascarillado

esta é unha foto do cementerio xudeo,q é vellísimo e q está moi pero q moi mal coidado.

esta é unha igrexa cristiana do barrio. teredes ocasión de visitala, porqe por dentro é realmente alucinante. ´na mña opinión ten o mellor interior de tódalas igrexas de krakóv, pero nom se poden sacar fotos, polo q teredes q velo cos vosos propios ollos. esta é unha escea bíblica que está no exterior

esta é unha vista da igrexa

este é o campanario da mesma igrexa

estas son as cachimbas q se poden fumar en algúns garitos moros q hai na cidade. son de froias, nom vs alarmedes, pero meterlle unha pedra de chocolate tiña q ser un puntazo....ajjaa

estos son os belenes polacos. hai unha exposición no museo etnográfico q está en kazimierz, pero supoño q a qitaran cando pase o nadal e nom poderedes vela

e este, como poderedes observar é otro belén

1 Comments:

Blogger Vir said...

Os belenes parecen casiñas de bonecas!!!Qué pena o do cemiterio porque seguro que arranxado ata non sería tan tétrico coma os nosos,sempre pensei que os que son en campos abertos,con xardíns e todo,son menos fríos,polo menos o de Chantada a min dame medo.Aínda que un cemiterio sexa como sexa nunca é un lugar moi agradable,polo menos para min,porque sempre haberá pirados a os que lle gusten e hai que respetalos,je,je.Vendo as fotos apetece todavía máis que chegue semana santa para ir a coñecer todo eso.Un bico,por aquí sen gandes novas

11:22 AM  

Post a Comment

<< Home