Tuesday, December 19, 2006

hora de voltar

bueno, esta é a última vez que escribo dende polopnia este ano...
esta tarde sae o avión cara london e despois de facer noite alí mañá pola mañá estarei de volta na casa.
eso significa que nos veremos pronto!!!!
bicos

Thursday, December 14, 2006

my room

hoxe estou de bo rolo, entereime de que por fin me concederon a beca os do estado espanhol, 2464 euros del ala, q boa falta me fan e q tan duramente gañei estudando a ferro o ano pasado.
esta semana nom foi nada especial, sigo co catarro q arrastro dende ukraina e decidinme a paralo en serio, asi q qitando as clases, paso metido na casa todo o día, tomando un xarope q merqei e preparando un pouco os traballos, q xa se achega o tempo dos exames e traballos, supoño q os estudantes estaredes nas mismas...

bueno, deime conta de que aínda nom vos presentei o meu cuarto!!!! asi q vóuvolo amosar antes de que esqueza

esta é a minha cama co rato gardian, q se chama Jozek e me mola un montón.chameille jozek porqe me gusta como soa e porqe a esta xente é un nome q lles fai gracia. é o mesmo q dicir xosé pero nunha forma moi pasada de moda

esta é outra vista da miña cama co meu edredon de ikea co q podería durmir fóra da casa e nom pasar frío. 70 euros del ala...e ainda nom sei como vou facer pa levarmo pa casa cando remate o ano.e de adorno un poster de placebo q está caralludo

bueno, aos pes da cama tenho o armario e maila tele, e como poderedes apreciar, a porta ten un pedazo cristal do carallo.pois eso é o normal en polonia, os cristais en tódalas portas (xa volo contei) para nom ter intimade ningunha

ao lado da cama tenho una mecedorinha e un sofa cama q vai usar algún de vos cando venha...unha mesita con lámpada decorada por un cartel de reservado q tanguei no clube ao q fomos en ukraina. lástima q nom estea en cirílico

ahi vedes a mesa de comedor na q tenho apalancado o portatil e o meu escritorio, onde terei q pasar algo de tempo a partires de agoa (algo xa pasei q xa tiven q facer exames e tests...)

pois esta é outra vista dos asenos e do escrtorio, pero a maiores vedes a estantería (da pena tela tan vacía). pero seguro q o q nom se vos pasa por alto son as btellas de vodka ukraniano. ainda nom as bebemos...a este paso aínda vos da tempo a probalas...o vodka de mel e pemento (o escuro) está bastante bo.

esta é a miña fantástca planta q me veu de bulo co cuarto. a vedade é q adorna, pero o máis sorprendente é o q aguanta, só a reguei unha vez en case 3 meses e está como nova...nom vos preocupedes, q agora a rego outra ve, nom a hei deixar morrer

e para reatar a xoia da coroa, POWSTANLORDZIE VADER, no poster do episodio 3 (czesc III) de star wars (gwiezdne wojny)

Sunday, December 10, 2006

fotiños varias

bueno, xa me estou pasando un pouco poñendo tantas fotos, así q a próxima metervos unha das miñas parrafadas, vale??
para q vexades q aínda som o mesmo poño unha foto recente miña, coas miñas guedellas q escondo debaixo da gorra e as miñas barbas, q ultimamente estou algo vago e nom me apetece afeitarme

xa q vos puxen a foto do cementerio xudeo, esta é unha do cementerio cristiano, q é parecido ao outro pero mellor coidado. a verdade é q merece a pena darlle unha visita porqe son moi diferentes aos q temos por galicia

pa q vexades q estou coma na casa, aqui tedes un posto de viño galego. este é un viño que preparan por centroeuropa e que é tipico do inverno porqe é viño qente. qéntano con cravo, canela e métenlle froitos secos e un par de cachos de laranxa. a verdade é q o q venden nestes postos da feira é unha merda, pero se o tomas en algun bar é unha auténtica marabilla

esta é a estatua do drag´´on ao q se cargou o principe krak. a estaua é bastante fea, pero é un dos símbolos da cidade.

esta foto é unha repetición de unha foto q xa puxen, pero na anerior estaba todo nevado

bueno, moitos bicos, a partir de agora escribirei algo máis e porei menos fotos ;)

Friday, December 08, 2006

un pouco do barrio xudeo

o barrio de kazimierz é o barrio xudeo de kraków e é xunto co de praga o único que se mantén completo despóis do paso dos nazis. este nom foi destruido porque os nazis se estableceron nesta cidade e pasaron de rompela. a pesar de q os nazis nom destruiron o barrio, despois da segunda guerra a maioría dos xudeos(os que nom morreron en auschwitz, claro) marcharon de aquí e non dan un puto duro para a reconstrucción das q foran as súas casas, e como son propiedades privadas o governo nom pode meter man para restaurar as cousas, polo q despois de estes 60 anos de casi abandono o barrio está realmente escascarillado, pero eso é precisamente o q lle da encanto
este é un edificio de kazimierz, unha boa mostra de edificio escascarillado

esta é unha foto do cementerio xudeo,q é vellísimo e q está moi pero q moi mal coidado.

esta é unha igrexa cristiana do barrio. teredes ocasión de visitala, porqe por dentro é realmente alucinante. ´na mña opinión ten o mellor interior de tódalas igrexas de krakóv, pero nom se poden sacar fotos, polo q teredes q velo cos vosos propios ollos. esta é unha escea bíblica que está no exterior

esta é unha vista da igrexa

este é o campanario da mesma igrexa

estas son as cachimbas q se poden fumar en algúns garitos moros q hai na cidade. son de froias, nom vs alarmedes, pero meterlle unha pedra de chocolate tiña q ser un puntazo....ajjaa

estos son os belenes polacos. hai unha exposición no museo etnográfico q está en kazimierz, pero supoño q a qitaran cando pase o nadal e nom poderedes vela

e este, como poderedes observar é otro belén

Wednesday, December 06, 2006

ukraina 2.1

bueno,é o momento de retomar as fotos de ukraína, agora é o turno para chorradas e fotos de festa.
aos 5 minutos de estar na cidade caemos na conta de q había unha morea de vodas. esta foi a primeira q atopams. imaxinade a situación, esta parella indo cara á praza maior a tirarse as fotos de rigor e detrás un séquito de 70 persoas (nós). a xente pola rúa flipaba con esta noiva q levaba tanto acompañante, jajja

así é como se engalanan os cochazos para as vodas. o máis curioso é q lle cambian a matricula polo nome da noiva(non me fixei se na matricula traseira poñían o do home, agora qedo coa dúbida...

e despóis de ver como se engalana un cochazo, podemos apreciar cómo se prepara un pedazo todo terreno para unha voda, é algo parecido pero un pouco mais rural... as risas q nos botamos co carallo do coche... jajja

despois de pasar o día na cidade fomos a un clube. era un clbe de postureo onde só había ukranianos ricos, porqe había q pagar unha pasta pola entrada...
ao chegar ao clube tuuka(este fulano) que xa levaba bebendo todo o día (a verdade é q mete medo, sempre ten unha birra na man!!!) preguntoulle ao camareiro canto valía a botella de vodka, e como lle pareceu cudente pois pillose unha boella con varios chupitos e foi o principio da fin para todos...porqe nom pensedes q se lle deu por mercar mezcla...ao final gastamos case a botella por persoa, eso explica os caretos q se van ver a continuación. por certo, o tuuka este é finés. pènsamos q os rusos son uns bebedores da ostia, pero estes cabrois...manda truco!

este é un alemán q se chama victor

estes son phillip (austria) e roberto (italia). boa xente

este som eu cuns fulanos portugueses. sabian unha version da abella maia caralluda, ainda me rin un cacho con eles

este era un fulano español (as q están con el eran españolas tamén, pero eu poño a foto por él) que era máis raro q as pesetas rubias, empezando polo seu nome: florián

estes son dorothian e carlos, q estaban tentando disimular a boracheira con bastante pouco éxito. foron os máis perxudicados pola idea de tuuka de beber vodka a pelo

este é christoph (alemaña) mirando á pista.a foto sería máis guay si se mirase máis nitidamente a pista, pero de tódalas maneiras a min gústame esta foto

este son os portugueses pasandoo de puta nai

este é o braichy empezando a festa ao grande antes de unirnos ao clube de tuuka e beber sen mezclar. o vodka con mazá está boísimo!!!!

Monday, December 04, 2006

arbeit macht frei


bueno, xa puiden ir a auschwitz. só puiden estar unha hora e media que é claramente insuficiente. teño que volver...varias veces...
a verdade é q se sine algo especial cando pasas por debaixo deste arco que di: "o traballo ha facervos libres". que irónicos, sarcasticos, e fillos de puta eran estes nazis...
bueno, deixovos a foto e nada máis, non quero contarvos nada porqe os que veñades xa teredes a ocasión de visitalo. é toda unha experiencia...
bicos

Friday, December 01, 2006

ukraina 2.0

bueno, como nha imaxe vale máis q mil palabras...
esto é unha rua de Lwow, a capital de Galicja

este é o auditorio da opera

unha igrexa restaurada q parece q foi construida antonte

outra igrexa, a verdade é q vimos moitisimas. esta pareceume chula

esta é a fachada dunha igrexa q qedou completamente negra pola polución porqe está feita en pedra porosa. unha coña

esta é a estación de tren. tan grande como bonita. despois de ver esta a estacion de santiago dame a risa...

este é o cristo dunha catedral armenia. sen dúbida foi a q mais me gustou. estaba sen restaurar e parecia q se ía caer en calqera momento. tiña maxia...

este é outro cristo da catedral armenia, pero este estaba fóra

este era un colexio

esta é a catedral armenia. preciosa

estas son as andamiaxes q se gastan os ukranianos para restaurar as igrexas. eu penso q son iguais q as q se utilizaban cando as construiron... a sensación de seguridade era mínima